Primavera en Danza achégalle a carballo cinco propostas coreográficas

Fran Sieira, La Macana ou Entremáns fan parte do programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Primavera en Danza achégalle a carballo cinco propostas coreográficas

A XVII edición do ciclo Primavera en Danza achega un ano máis a Carballo unha selección de producións recentes da arte coreográfica. Entresoños, de Fran Sieira, o 26 de abril, Pink Unicorns, de La Macana o 27 de abril; Plastic, de Paula Quintas o 3 de maio; La desnudez, de Daniel Abreu o 4 e Gaia, de Entremans o día cinco compoñen o programa completo do ciclo. A maiores, como feche especial, o 12 de maio poderá verse a gala de baile tradicional coa que a agrupación coruñesa Xacarandaina celebra os seus corenta anos de historia. O Pazo da Cultura da vila acollerá as funcións deste evento.

Ademais das funcións en sala, o espectáculo de La Macana visitará os centros de ensino do concello mentres Plastic poderá verse no xardín municipal. Encontros coas compañías e actividades de achegamento á danza contemporánea fan tamén parte da proposta.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Carballo, Fran Sieira, Paula Quintas...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares