Obradoiros, charlas, audiovisuais e espectáculos achegan a danza a Carballo

Primavera endanza desenvólvese entre o 23 de abril e o 3 de maio

17/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Primavera endanza quere ser algo máis que un conxunto de interesantes espectáculos de danza”. Esta é a declaración de intencións da VII edicición dun encontro que celebra anualmente o concello de Carballo e que xira arredor da danza. Por iso, alén dos espectáculos (O Centro Coreográfico Galego, os cataláns Nats Nus Dansa, os galegos Bstudio Danza e Entremáns, xunto co ballet de Carmen Roche) o evento deixa un oco para obradoiros e conferencias arredor das artes do movemento. Canda isto, o programa inclúe unha mostra de videodanza que está formada por seis traballos audiovisuais que se poderán ver no pazo da cultura. Primavera endanza desenvólvese entre o 23 de abril e o 3 de maio.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Carballo, Concello de Carballo, Centro Coreográfico Galego