O programa Primavera en Danza de Carballo celebra a súa 19ª edición do 9 ao 22 deste mes, regresando asà ás súas datas habituais despois de que a súa anterior edición tivera que ser adiada ao outono por mor da pandemia. Nesta ocasión, serán cinco as propostas coreográficas que se exhibirán no Pazo da Cultura dentro da mostra, das que catro forman parte á súa vez da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuÃto de espectáculos que a Xunta promove en colaboración coas entidades xestoras dos seus arredor de 40 espazos asociados. Asà o programa o conforman as montaxes galegas Emigrantas, de CÃa. Kirenia Danza (9 de abril); Bailar agora, de Marta Alonso Tejada (16 de abril), e Nina Ninnete, de Paula Quintas-Traspediante (18 de abril), xunto á catalá After the Party, de Thomas Noone Dance (23 de abril). A elas súmase a presentación en exclusiva de Mocap, do creador galego MatÃas Daporta que iniciou o seu proxecto en Carballo durante unha Residencia ParaÃso (22 de abril).