A Estrada acolle un novo ciclo dedicado á danza contemporánea. Da man de Paula Quintas, 6coreógrafas presenta desde este 23 de abril e ata domingo 25 os últimos proxectos de Clara Ferrao, Marta Alonso Tejada, Begoña Cuquejo, a propia Paula Quintas, Alejandra Balboa e mais o Colectivo Vacaburra con Andrea Quintana. O Teatro Principal e a Alameda Municipal acollerán as actuacións do programa, que inclúe tamén tres obradoiros para diferentes asociacións e colectivos locais. O proxecto preséntase como unha iniciativa de "reactivación de espectáculos" e de "difusión da danza para todos os públicos" e conta co apoio da Agadic.
En paralelo, Kirenia Danza estrea en Oleiros, tamén este 23 de abril Primeiro a vida!. A montaxe, segundo a compañía "é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de André Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a Vida!". O Auditorio Gabriel García Márquez acolle ás 20 horas a representación, dirixida por Kirenia Martínez e interpretada por Esther Latorre e Xoel Álvarez.