A danza na rúa volta a Compostela con HerDanza

O encontro desenvolverase entre o 5 e o 10 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
A danza na rúa volta a Compostela con HerDanza

Danza contemporánea en espazos herdados de Santiago de Compostela. Esta é a proposta coa que se presentaba esta mañá na capital galega HerDanza, un novo ciclo que se desenvolverá entre o 5 e o 10 de setembro en diferentes prazas e lugares monumentais da cidade. A iniciativa, que organizan as compañías Can Cun Quinqué, Cisma e La Incidente D-T, e dirixen
Isabel Sánchez Temprano e Leodan Rodríguez Casas achegará actuacións en pequeno formato a cargo de Sinvergoña, Marta Alonso, Paula Quintas, Efímero Divadlo ou Olga Cameselle, entre outros. Ademais, o programa inclúe obradoiros e mesas redondas sobre a danza contemporánea.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Marta Alonso, Paula Quintas, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos