Comeza a terceira edición do HerDanza

O evento de danza contemporánea ofrece nove espectáculos, charlas e outras actividades

O evento de danza contemporánea ofrece nove espectáculos, charlas e outras actividades
Foto: HerDanza
Cun acto de presentación do programa hoxe ás 21 horas na Casa do Matadoiro de Santiago dará comezo a 3ª edición de HerDanza, o festival de danza contemporánea que desenvolve os espectáculos en claustros, rúas e espazos abertos da cidade ata o vindeiro 8 de setembro. Malia que hoxe preséntase o programa haberá que agardar ata o vindeiro xoves para ver os primeiros espectáculos na rúa que serán "CRISÁLIDA" de Dani Boogz na Igrexa de Santa Salomé ás 20:00 e "A TEMPERATURA E O TEMPERAMENTO", de Fran Martínez na ante a Igrexa das Ánimas ás 21:30. Entremedias o martes mércores a casa do matadoiro acolle dúas conversas sobre a disciplina da danza e o corpo así como o papel das mulleres creadoras. En total o 3º HerDanza ofrece nove espectáculos en diversos espazos, unha clase aberta e unha proxección de curtametraxes, ademais destas conversas. O festival persegue a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espazos máis representativos e fermosos da cidade. O evento está organizado desde as compañías de danza Can Cun Quinqué, Cisma danza e La Incidente.

Ligazóns