
As artes performativas terán tamén un marco de reunión co público en Santiago de Compostela grazas ao Festival Plataforma, que ofrecerá entre o 7 e o 15 de xuño, un amplo abanico propostas multidisciplinares entre as que destacan Olga Mesa, Cristina Balboa, Catarina Silva, Marc Vives, Mery Pais, Hugo Torres, Verónica Ruth FrÃas, Olga Cameselle e Alfredo RodrÃguez, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld. O festival está dirixido por Mónica Maneiro, Iñaki Antelo e David Barro e a inauguración desta cuarta edición, o xoves 8 de xuño, será a cargo Antón Reixa cunha performance en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago. Organizado pola Cooperativa Performa co apoio do Concello de Santiago, o Festival Plataforma dinamizará as rúas e prazas da cidade, como o Cruceiro de San Pedro, as prazas do Obradoiro e a Quintana e os parques de Bonaval e de BelvÃs, ademáis dos espazos de Fundación DIDAC, a sede de SGAE Sociedad General de Autores e Editores, a Fundación Eugenio Granell, a sala Riquela ou o CGAC, con performances, música, danza, propostas escénicas, encontros, talleres, conferencias performativas e arte contemporánea. No Parque de Bonaval, Olga Cameselle e Alfredo RodrÃguez presentarán 'Cando marche non vou pechala porta', un espectáculo de danza; e na sede de SGAE, a bailarina e coreógrafa Olga Mesa ofrecerá 'Una mesa propia (Danza de manos)', unha performance audiovisual. O festival clausuraráse este ano no CGAC coas actuacións de Marc Vives e Cristina Balboa.