O VIII Festival Quincegotas medra e enche a Coruña de danza

Catorce compañías participan do programa entre o 10 e o 12 de outubro

A ampliar a súa duración nunha xornada, o festival de danza na rúa Quincegotas chega á Coruña entre os días 10 e 12 de outubro. O encontro presenta catorce compañías que actuarán na escalinata da Domus, na Praza da Fábrica de Tabacos, no castelo de Santo Antón e na cúpula de Eirís. En total o programa acolle sete estreas a nivel estatal.

A escalinata da Domus abre o programa ás 20 horas deste 10 de outubro con actuacións do Conservatorio Nacional de Danza de Lugo, que leva a escena Sermón, e mais o da Deputación da Coruña, que estrea a montaxe Montañas. Alleo do Colectivo Glovo e IDI-BEGI do Proyecto Larrua completan as propostas da xornada.

Catro estreas a nivel estatal compoñen o programa de sábado na cúpula do parque de Eirís as representacións de Andrea Castro, con Lola y los lamentos, ALÓ Produccións, que levará HOME Além Disso, Daniel Lezso, a presentar Meu Rei e Jandross con A Noite do Cuco. Na mesma xornada, a Praza da Fábrica de Tabacos acollerá a Laboratorio Escénico (Blues de Medianoite), Colectivo Glovo (Trïade e Cía Carla Sisteré The Sad-Mad Method.

O día 12, as estreas de Solastalgia, de Ana Erdozain & Alba González e de Selva de Daniel Abreu estarán acompañadas do Proxecto Abellón (Chan ás costas) e de Jessica Castellón e Boris Orihuela (Cuentas corrientes) no Castelo de Santo Antón.