O Festival de Títeres de Redondela presenta a súa XII Edición

Catorce compañías de seis países diferentes participan no evento entre o 24 e o 29 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Na busca de se consolidar como un referente a nivel estatal, o Festival de Títeres de Redondela presenta a súa XII edición. Catorce compañías chegadas de Francia, Portugal, Alemaña, India e Rusia, así como de Andalucía, Euskadi, Cantabria, Aragón, Cataluña, Madrid e Galicia compoñen o programa. Como todos os anos, o evento combinará as actuacións de pago no Multiusos con espectáculos de rúa, entre os que se inclúen as dos participantes no programa Títeres pola gorra. O encontro celébrase entre o 24 e o 29 de maio.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Rusia, Cantabria, Aragón...