Nove escenarios en diferentes espazos da vila acollerán as actuacións do XXIV Festival Internacional de TÃteres de Redondela. Un total de 26 compañÃas, chegadas de Estados Unidos, Brasil, Francia, Italia, Bélxica, Cataluña, Madrid, Murcia ou AndalucÃa, canda ás galegas Tanxarina, Cachirulo, Trécola, Paporrubio Spaguetti ou o Barriga Verde de TÃteres Alakrán compoñen o programa do evento, que se desenvolve entre o 15 e o 21 de maio vindeiros.
A Asociación Xente Titiriteira, que organiza o evento, destaca no programa a presenza dalgúns dos máis recoñecidos especialistas en marionetas de fÃo a nivel mundial. Colgado dun fÃo,do italiano Di Filipo Marionettes; Animación suspendida, do estadounidense Huber (no Auditorio da Xunqueira) e o portugués Rui Sousa cos seus Fios mágicos, súmanse ao xa clásico Titiricircus de Tanxarina TÃteres.
O belga Plansjet, os cataláns Galiot Teatre, Le Guignol Orthopédique de Madrid, os manchegos El Retablo de la Ventana, a compañÃa brasileira Mosaico Cultural e a súa MarÃa Bonita, o arxentino Pablo Picallo ou os andaluces La gotera de la Azotea fan parte dun programa que encherá as rúas da vila de animación.
Canda a estes, nos espectáculos de sala o Auditorio da Xunqueira acollerá representacións de Vida da compañÃa aragonesa Javier Aranda, Nosferatu, dos franceses Bob Théâtre, a AntoloxÃa de Jordi Beltrán, Nube nube dos murcianos Perifeira Teatro e mais EcO de Ymedio Teatro (AndalucÃa).
Como é habitual, esta proposta complementa as actuacións escénicas con charangas, o mercadiño titiriteiro ou a ruada "Mortos de risa", dedicada nesta ocasión aos monstros e o misterio. Ademais, o ciclo de actuacións escolares achegará os tÃteres a case 1.500 alumnas e alumnos dos centros da vila. O programa concédelle un especial protagonismo á compañÃa Trécola con motivo do seu 40 aniversario, e dedicaralle unha exposición monográfica nos escaparates da vila.