
Entre as propostas que fan parte do programa destaca a presenza da italiana Girovago e Rondella, que presenta o espectáculo Quadri. O Centro Dramático Nacional e Teatro Gamusinos, pola súa banda, achegan a coprodución Árido, mentres deste Chile Teatro y su Doble levan a escea Feos, a adaptar un relato de Mario Benedetti.
Canda a elas, Valeria Guglietti, de Arxentina, Títeres sin cabeza, desde Aragón, a presentar Cuantas estrellas puedes contar?, e a galega Títeres Alakrán compoñen a programación de sala do evento.
No campo dos espectáculos de rúa, a compañía catalá Tutatis presenta Cavalls de Menorca, o mestre Chico Simões de Brasil coa súa Vida de mamulengo, a chileno-arxentina Arriba las Hu!Manos ou as manchegas El Retablo de la Ventana e Mario Enzo achegarán as súas propostas.
Canda as formacións foráneas, compañías galegas como Spaguetti Títeres, Paporrubio, Pedras de Cartón, Tanxarina, Cachirulo ou Danthea Teatro fan tamén parte dun programa que mantén o habitual mercadiño titiriteiro e que inclúe ademais funcións escolares.