A XVIII Edición do Festival de TÃteres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañÃas chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia achegarán os seus bonecos a este evento, que se desenvolve entre o 15 e o 21 de maio. A organización destaca a presenza de espectáculos como Circus Funestus da danesa Sofie Krog e a presenza de La Canela, de AndalucÃa, e dos arxentinos de El Chonchón. canda a eles, Tanxarina, Tato Criaçao, TÃteres sin Cabeza, de Aragón, Didi Rodan, de Madrid e Huber Marionetas de EEUU poderán verse no Multiúsos da Xunqueira. Ademais, preto de 40 actuacións de rúa, o tradicional mercadiño titiriteiro, unha exposición de autómatas e as actuacións de gorra completan o programa.