O XVII Festival de Títeres de Redondela contará con 26 compañías

Oitenta espectáculos danse cita na vila entre o 16 e o 22 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
O XVII Festival de Títeres de Redondela contará con 26 compañías

A Asociación Xente Titiriteira ten preparado o programa da que será o XVII Festival Internacional de Títeres de Redondela - Memorial Juanjo Amoedo. O evento, que se desenvolverá entre o 16 e o 22 de maio contará con 26 compañías e oitenta actuacións que se distribuirán entre salas e na rúa, ademais de actividades como o xa clásico mercadiño titiriteiro, ruadas ou obradoiros. As compañías La Pendue e Pelele, de Francia, Electric Circus de Holanda, Sofie Krog, de Dinamarca, Teatro Konmo, chegado da República Checa e os portugueses La Fontana compoñen a representación internacional que visitará a nova xeira do evento.

O evento prestará unha especial atención ao traballo de Manuel María e á celebración do Día das Letras Galegas cun acto institucional e representacións de Barriga Verde e o Muíño da Néboa, no que Títeres Cascanueces adapta un texto do autor o 17 de maio. Para alén das representacións, o evento inclúe actuacións musicais como a de Tatán Cunha co seu proxecto musical Chapeu, De Vacas ou a Fanfarria Taquikardia.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Teatro, República, Asociación Xente Titiriteira...