Chega o XIV Festival de Títeres de Redondela

Celebrarase entre o 14 e o 19 de maio deste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Chega o XIV Festival de Títeres de Redondela

Compañías de Bélxica, Italia, Francia, Chile, Cataluña, Euskadi, Andalucía ou Galicia encóntranse no XIV Festival de Títeres de Redondela. O evento recuncará na Vila dos Viaductos entre 14 e o 19 de maio deste ano, ofertando actuacións escolares e de sala que se suman ás que se desenvolven nas rúas da vila. Precisamente, con ocasión do Día das Letras, prográmase un especial de actuacións na rúa, e entre os días 17 e 19 haberá unha nova edición do Mercadiño Titiriteiro. Na pasada edición, o evento que organiza a Asociación Xente Titiriteira e mais a Concellaría de Cultura superou os 30.000 visitantes.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Asociación Xente Titiriteira, Bélxica, Chile...