O Festival de Títeres de Redondela cumpre 10 anos

O programa desenvolverase entre o 18 e o 24 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Monicreques de todo o mundo voltarán a ocupar a Vila dos Viaductos entre os días 18 e 24 deste mes. O Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo chega á décima edición coa presenza de compañías de Brasil, Benin, Francia, Eslovenia, Bélxica ou Cataluña canda á habitual participación de grupos galegos. Os espectáculos nas rúas e en sala complementaranse cun ciclo de funcións escolares. A organización agarda superar os 25.000 espectadores que se contabilizaron na anterior edición.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Bélxica, Brasil, Cataluña...