Os títeres fan quince anos en Redondela

A vila acolle o seu Festival Internacional entre o 20 e o 25 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Os títeres fan quince anos en Redondela

A vindeira semana, entre o 20 e o 25 de maio, Redondela acolle a XV edición do Festival Internacional de Títeres. Logo do programa escolar e das funcións en sala que se desenvolverán durante a semana, será sábado e domingo cando se concentren o groso das funcións. Actuacións de rúa a cargo de compañías como Rocamora Teatre, Teatro Senj, Sa Marionetas, Txo Titelles ou L'excuse Teathre, entre outros, comporán, como é habitual, unha programación frenéticas os días 24 e 25. Ademais de títeres, no evento proxectarase o documental homenaxe a Juanjo Amoedo e haberá actuacións musicais a cargo de The Turre's Band, Caramuxo Vermello e As Suripantas, ademais do concerto-espectáculo San Titiriteiro, coa participación de múltiples grupos e formacións redondelás.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Espectáculo, Documental, Teatro

Claves

Lugares