O Festival de Títeres de Redondela non terá funcións escolares

A XI edición deste evento desenvolverase entre o 19 e o 23 deste mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Festival de Títeres de Redondela non terá funcións escolares

Dezaseis compañías de Galicia, Cataluña, Madrid, Brasil, India ou Arxentina daranse cita entre os vindeiros días 19 e 23 de maio no XI Festival de Títeres de Redondela. O coñecido evento reúne os máis variados tipos de monicreques e mantén unha ambiciosa programación de rúa e de sala. No entanto, por ver primeira, non se celebrarán as sesións de títeres para escolares chegaban habitualmente a preto de 3.000 estudantes. Segundo a organización, os recortes orzamentarios ou a indefinición no apoio económico da Xunta, a Deputación de Pontevedra e mais do Ministerio de Cultura están detrás da medida.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Ministerio de Cultura, Deputación de Pontevedra, Madrid...