O Concello de Santiago acollía na mañá deste 18 de setembro a presentación da vixésima oitava edición do Galicreques. O Festival de Títeres desenvolverá entre o 7 e o 15 de outubro un total de 60 funcións a cargo de 30 compañías chegadas de Arxentina, Portugal, Colombia ou Galicia, cunha especial presenza de Cataluña nesta xeira. Segundo adiantou Jorge Rey, director do festival, o Teatro Principal, a sede da SGAE, os centros socioculturais, unha carpa na alameda e as propias rúas da capital acollerán as actividades desta iniciativa.
Dentro do programa, Rey destacou as catorce estreas que se poderán ver na capital galega ao longo da xeira. Entre estas, varias compañías galegas presentan as súas novas producións, como A Xanela de Maxín, con Babá Bebé o día 13, a Compañía do Dr. Monifate, que estrea Liu Xu Ria, a ardente velutina o día 12, ou Contos de aquí para ti de Olga Abad e Carmen Domech, que se presentará na mesma xornada. En total serán quince as compañías galegas que fan parte do cartel, con nomes como Títeres Alakrán, Fantoches Baj, Brincadeira, Nauta, Mircromina ou Títeres Cascanueces.
Rey salientou ademais a presentación de Estorias e o Lume da compañía portuguesa Krisálida, e propostas como os colombianos La Pepa del Manoncillo, con Me lleva el Diablo e os catalás Fil de Guá, que poñen en escena Las avispas.
A sinalar a lonxevidade do festival e o feito de que boa parte do público que participa del o coñeceu na súa infancia e agora leva as súas propias crianzas, Rey apuntou o reto de "manter o público a partir dos doce anos" e a necesidade de programar espectáculos de títeres que cheguen a adolescentes e persoas adultas. Nesa liña, o festival mantén a sección CaraBé, iniciada na súa anterior edición, que conta con sete propostas específicas para público adulto a incluír o espectáculo colectivo Cabaré CaraBé. Ás funcións para público xeral, o evento engade o seu programa de funcións escolares, que conta con 17 representacións que se prolongan ata o día 18 de setembro.
Como novidade, esta edición do festival marca un relevo na xestión do evento, xa que Jorge Rey e Carme Domech comparten a coordinación do evento co seu fillo Rafael Rey. Deste xeito mentres os dous veteranos titiriteiros están de xira por América Latina, o novo coordinador, que xa se encargou do groso do programa, correrá coa asistencia ás compañías participantes. O actual director salientou a necesidade de "ir preparándose para a retirada" e "deixar espazo para as novas xeracións" que achegan "perspectivas novas ao programa". A Asociación Barriga Verde organiza este festival co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Agadic.