Fanzine Fest celebra once anos con 32 artistas galegos e internacionais

O festival coruñés comeza hoxe no Planetario unha semana dedicada á música electrónica

| Santiago / S. Montes | Seccións: Música
Compartir:
Foto: Fanzine Fest

Foto: Fanzine Fest

Sete días, sete espazos, 32 artistas, esa é a presentación en cifras da XIª edición do Fanzine Fest da Coruña que comeza este luns, 1 de decembro. O festival de música electrónica organizado polo selo Fanzine Project comezará hoxe no Planetario da cidade herculina con espectáculo en directo a cargo de Boneco e Hey Pablo!, dous dos moitos artistas galegos que o cartel deste ano ofrece e que son maioría entre outros internacionais ou estatais, reflectindo así a boa saúde creativa do xénero no país.

O festival distribuirase por diferentes espazos da cidade, dando lugar a experiencias moi diferentes en cada espectáculo e cada lugar. Así a sitios singulares xa usados en anteriores ocasións como a Domus, A Fundación Luís Seoane ou A Igrexa das Capuchinas, súmase o Museo de Bellas Artes ou o Teatro Colón, onde artistas e público compartirán o escenario. Como é habitual a Sala O Tunel acollerá a sesión de peche na que participarán unha ducia de artistas. O evento ofrece tamén unha programación de obradoiro e charlas, dúas dirixidas ao público infantil e outras dúas para adultos, centradas en creación de profesionalización. O Fanzine Fest fai un achegamento á arte electrónica musical e visual, con atención ás vangardas e á experimentación.

Que che parece esta nova?
131 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fanzine Fest, Espectáculo, Xénero, Cidade Herculina...