O festival de música electrónica ofrecerá, desde o vindeiro luns, 4 de decembro, case unha semana da vangarda musical na cidade da Coruña . Impulsado pola promotora local Fanzine Project e co apoio do Concello da Coruña, da Axencia Turismo de Galicia e SON Estrella Galicia, o festival chega este ano á súa novena edición que terá lugar do 4 ao 9 de decembro en diferentes localizacións icónicas da como os Museos CientÃficos, a Fundación Luis Seoane, o Castelo de San Antón a Sala O Tunel e a Igrexa das Capuchinas. Neste lugares o público poderá achegarse ao amplo abano estilÃstico que da escena electrónica actual, como Techno, IDM, experimental, acid, ambient, electro ou house, entre outros.
O Fanzine Fest ofrecerá actividades como diferentes charlas, sesións e proxeccións de entrada libre, nas que se verán algunhas das videocreacións galegas máis destacadas do momento. No programa deste ano conviven as artes sonoras e visuais, confluÃndo figuras de traxectoria internacional con creadoras e creadores emerxentes do eido local ou galego. AsÃ, nomes como Steffi, Samuel Kerridge, Acidulant, Nullptr ou Boris Divider compartirán cartel con artistas procedentes de distintas parte de Galicia coa intención de visualizar o tecido electrónico do paÃs. Entre as novidades deste ano están os obradoiros formativos gratuÃtos para público infantil e adulto que terán lugar na Fundación Luis Seoane.