O Festival de Danza na Rúa Quincegotas amplÃa o seu alcance e chega alén da cidade da Coruña. O concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, presentaba onte a terceira edición desta actividade que se celebrará entre o 22 e o 24 de decembro que se achegará ao Barrios das Flores e programará varias actuacións no Concello de Oleiros. A escalinata da Domus, o parque de Oza, a praza do Barrio das Flores e o Castelo de San Antón na Coruña e mais a praza Esther Pita, o parque do Emigrante e a praza do Castelo de Santa Cruz en Oleiros acollerán as actuacións do programa, que inclúe tres estreas absolutas e outras tres galegas. Chey Jurado, La Intrusa (Premio Nacional de Danza 2015), Traspediante ou Tanit Cobas son algunhas das dez compañÃas que participarán no evento. A maiores, no marco do festival celebrarase o encontro de Danza en Ruta da Rede CompliCIDADES, Rede Galega de Festivais de danza en espazos urbanos.