Na primeira fin de semana de outubro a danza colle protagonismo na axenda cultural. Este sábado dÃa 5, A Estrada celebra a cuarta edición do festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas. Pola súa banda, A Coruña acolle ese mesmo dÃa e domingo 6 a sétima xeira do Festival de Danza na Rúa Quincegotas, que conta con 11 actuacións.
O programa estradense arrinca cos obradoiros Waacking_Danza Club, a cargo de Elahood e mais Discoteca de Señoras, de TRC Danza, na Alameda Municipal. Durante a tarde, este recinto acollerá as pezas Intempestiva na que Elahood se inspirou na obra e na figura da escritora Xela Arias e mais Mesura, na que Raquel Ferradás "aborda a pescuda do equilibrio nunha vida en constante cambio".
La Guajira, con Minguantes "amosará o universo temporal de dúas persoas que van envellecendo desde unha perspectiva minimalista e futurista" e fechará o encontro a preestrea do novo espectáculo de Marta Alonso, Dance Join, aÃnda en proceso de creación, que propón unha proposta interactiva de danza mesturada co traballo de clown. Paula Quintas coordina esta proposta co apoio do concello de a Axencia Galega das Industrias Culturais.
Pola súa banda, na Coruña serán a escalinata da Domus e a cúpula de EirÃs os espazos que acollan as actividades do sétimo festival Quincegotas. Catro espectáculos na tarde de sábado presentarán os últimos proxectos do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, que achegará Rito, Irene Naranjo con Jaranda, Tamara Robellat e Gala Martén que representarán Eringo e o Nunca bailaré solo de Iron Skulls Co.
Na sesión de domingo, pola súa banda, poderá verse a Mesura de Raquel Ferradás, Kyklos Javito Mario, Latente de Ana F. Melero, Contrabandistas, a cargo do Conservatorio de Danza da Coruña, IN-SIDE, da man de Lucia Montes & Mado Dallery, A raÃz de, con Daniel RodrÃguez e, a fechar o programa Vibra! de Arnau Pérez. Artestudio Xestión Cultural e a compañÃa Entremáns organizan este evento co apoio do Concello da Coruña.