O festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas celebrará a súa quinta edición os días 3 e 4 de outubro na Estrada cunha ampla programación de espectáculos e actividades formativas que consolidan o encontro como un referente desta disciplina escénica en Galicia. Baixo a dirección da coreógrafa e bailarina Paula Quintas, o festival comezará o 3 de outubro cunha nova sesión do ciclo de conversas 'Entre formas e palabras', na Casa das Letras ás 18,00 horas. A cita enmárcase no programa itinerante deseñado e organizado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza co obxectivo de impulsar o talento e a profesionalización do sector. Nesta ocasión, o faladoiro 'Da idea ao escenario: creación' contará coa participación das recoñecidas creadoras Rut Balbís, coreógrafa e docente en danza contemporánea, e Paloma Muñoz, directora da compañía SIberia.
A xornada do sábado 4 de outubro abrirase co obradoiro 'Corpos en acción', impartido por Raquel Ferradás no Museo MOME, orientado a público infantil e xuvenil así como ao alumnado da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada. Xa ao mediodía, o Novo Mercado acollerá unha sesión vermú coa intervención de Alfonso Medina, e o seu espectáculo de soundpainting, no que música e danza dialogan en tempo real. Pola tarde, a Alameda Municipal converterase no gran escenario das pezas de rúa. Ás 18,30 horas terá lugar a estrea de 'Diz-me meu amor', de Raquel Ferradás e María de Vicente. De seguido, Alba Cotelo presentará o seu solo Monte, que tende pontes entre Galicia e Cuba desde a visión dunha muller que puido vivir a emigración de ida e volta. O seguinte espectáculo será WTF!, unha mestura de xogo e movemento coa historia de dúas criaturas chegadas á Terra desde outro planeta da man de Cris Vilariño e Diego Buceta. A xornada pecharase coa proposta galego-portuguesa Alleo, da compañía Colectivo Glovo, que desenvolve desde a danza a idea das antigas atalaias. Finalmente, como extensión do programa, o 11 de outubro ás 11,00 horas celebrarase o obradoiro 'Xogos en movemento', dirixido por Arturo Cobas e un artista convidado. Esta actividade, destinada a público adulto e ao alumnado da Escola Municipal de Artes Escénicas, pecha unha edición que volve poñer á Estrada no mapa da creación contemporánea galega.