O concello de A Estrada acolle por terceiro ano consecutivo o festival 6coreógrafas o vindeiro sábado 29, DÃa Internacional da Danza, cun cartel que inclúe catro espectáculos galegos e dous obradoiros. Iniciado no 2020 como un proxecto de reactivación e impulso ás artes escénicas, Paula Quintas e o Concello da Estrada presentan a continuidade do proxecto nesta terceira edición, con formato de festival, apoiado pola Xunta de Galicia. O programa presentouse onte en rolda de prensa acompañada da pre-estrea no Teatro Principal estradense do espectáculo 'O Salón dos Pasos Perdidos' de Paula Quintas CÃa en coprodución co Centro Coreográfico Galego, nunha función especial para público escolar antes da súa estrea oficial o vindeiro mes de maio no Festival Cervandantes da localidade madrileña de Alcalá de Henares.
6coreógrafas iniciará a súa programación o vindeiro sábado con dous obradoiros para o alumnado da Escola Municipal de Artes Escénicas e con outros tres espectáculos galegos. Trátase de 'Corpos de abismo', de Duelirium, ás 13,00 h. no Teatro Principal; 'Onde pousa a humidade', de Marcia Vázquez, ás 19,30 h. na Alameda Municipal; e Tabú, de Colectivo Glovo, ás 20,00 h. tamén no Principal. Esta última proposta é igualmente un dos tÃtulos cofinanciados pola Xunta a través das convocatorias anteriores do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego. Para as actividades do Teatro Principal haberá que retirar un convite no departamento de Cultura do Concello da Estrada.