A Estrada continúa a súa aposta pola danza coa celebración da segunda edición do proxecto 6coreógrafas. O goberno local e a Axencia Galega das Industrias Culturais presentaban este 27 de abril o programa desta cita, que a coincidir coa celebración do DÃa da Danza o 29 deste mes achegará catro espectáculos galegos ademais de obradoiros e encontros co publico.
SET de Paula Quintas CÃa., Pink Unicorns de La Macana, Pel continua de Pisando Ovos e Mortais e vulnerables de Furia Sotelo compoñen o programa escénico, que se desenvolverá ata o sábado 30 de abril. Ademais das actuacións, programarase un obradoiro de danza con alumnas da terceira idade da man de Nuria Sotelo e outro para público infantil e xuvenil a cargo Alba Fernández Cotelo.
De xeito paralelo a este ciclo, o Colectivo Glovo e o Concello de Lugo presentaban este 26 de abril o fallo das residencias Atopémonos bailando, que organizan co apoio da Agadic. As creadoras Paula Quintas, Sabela Mendoza e Sonsoles Cordón de Galicia, LucÃa Marote e Sabela González Herrera, de Madrid, e SofÃa Kafol de Portugal foron as seleccionadas para participar nesta edición.
Cada unha delas desenvolverá unha residencia de entre 5 e 10 dÃas no Museo Interactivo da Historia de Lugo entre os meses maio e outubro. Os proxectos foron escolleitos entre máis de noventa propostas que responderon á convocatoria.