O Concello de Gondomar é o novo anfitrión do festival de danza Corpo(a)terra na súa undécima edición que ten algo de reinvención do encontro como tantos eventos neste tempo pandémico. A nova etapa ten incluso un nome propio como "c(a)t", unha versión abreviada do nome e tamén da programación, dada a situación provocada pola COVID-19. Gondomar supón con todo un novo comezo para a segunda década do festival organizado pola Asociación trasPediante cultura. Tamén en Allariz, como unha extensión d eprogramación, tivo lugar onte unha xornada inaugural co traballo da galega Paula Quintas, da compañía Chey Jurado e Akira Yosida e do músico Nacho Muñoz. Ademais, en colaboración co Proxecto da coreógrafa Nuria Sotelo a Casa Vella de Amiadoso, levouse a cabo a presentación de Afonso Becerra do primeiro Libro da Historia da danza de Galiza, acompañado da coreógrafa Amparo Martínez.
Nos próximos días, en Gondomar, verase o traballo de compañías galegas consolidadas e emerxentes, como é o caso da peza "Onde pousa a humidade" da viguesa Marcia Vázquez, imaxe desta edición; tamén as pezas seleccionadas polo Circuito da rede Acieloabierto (aglutinador dos 12 festivais máis consolidados de España e da que corpo(a)terra forma parte desde a súa constitución); colaboracións internacionais, danza e a súas ramificacións cara o circo e a performance. Ademáis dos espectáculos de danza de compañías galegas que se verán na Praza do Concello de Gondomar, cómo é o caso da xa citada Marcia Vázquez, da Cía Qabalum, Cía Novagalega de danza ou da artista Alba Troiteiro, cóntase tamén coa intervencion da artista Maria Roja. Os traballos de 3 compañías nacionais pasarán polo centro da cidade: Cía Javier Guerrero de Cataluña (que presentará un cuarteto de danza), Cía Álvaro Murillo de Extremadura (un só en clave flamenco contemporáneo) e La Intrusa desde Cataluña (en un dúo que combina a danza coa música en directo), unha peza internacional: Draconis Lacrimae de Pablo E. Lilienfeld e Federico Vladimir Strate Pezdirc (Bruxelas-Galicia) nun formato especial. O día 4, último día do festival, despois da actuacion de Nova Galega de Danza co seu recoñecido traballo Leira, a cia La intrusa fará o peche de edición cunha peza curta. Nesta edición de c(a)t realizarase unha versión reducida e limitada de ENXEBRE´danza, o programa de formación do corpo(a)terra, os días 3 e 4 de setembro no Pavillón de Deportes Bernabé Costas de Gondomar.