Pontevedra celebra a literatura e as artes

Participan Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Co lema "Escribir o que non se di" celebrarase o 23 e 24 de outubro no Pazo Provincial de Pontevedra o evento "Pontevedra Literaria, Xuventude e Artes". Trátase dun evento que acompaña os premios provinciais á xuventude na súa modalidade de traballo literario, acompañando ao "incremento de participación" nestes certames. Deste xeito, a primeira xornada "Por que escribimos" inclúe unha mesa redonda con Ledicia Costas e Jorge Volpi, acompañados por Andrea García González ao piano, i 23 de outubro de 19 a 21 horas e unha mesa redonda sobre "Xornalismo e ficción", na que falarán Laura Ferrero e Manuel Jabois, o 24 de outubro de 18 a 20 horas.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ledicia Costas, Manuel Jabois, Xuventude...