Este 17 de outubro comezaban as actividades de Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, no Edificio Castelao do Museo Provincial. A Deputación organiza a primeira xeira deste encontro, orientado á creación nova, que contou cunha intervención inaugural a cargo de Manuel Loureiro e unha mesa con Rafa Cabeleira, Arantza Portabales e Ángela Banzas na súa primeira xornada.
O encontro continúa o venres 18 coa presenza de Héctor Abad Faciolince, que falará sobre 'A guerra e as letras' e unha mesa redonda con Sandra Ferreiro García, Rodrigo Cota, Alexander Vórtice e Xulio Teixeira Rodríguez. Ademais, haberá unha actuación musical de Andrea García González ao piano. O programa complétase cunha exposición das obras gañadoras dos Premios Provinciais á Xuventude no ámbito da fotografías, e outra de pintura.
Non é esta a única cita dedicada ás letras que acolle a Cidade do Lérez ao longo deste mes. A Fundación Cuña-Casasbellas organiza o vixésimo Brumario Poético, cun recital colectivo por Palestina no que participan dezaseis autoras e autores locais canda a seis deste país mediante proxeccións. O programa continúa co lema As voces de Casandra. Poesía, verdade e maldición, a contar cun recital de Claribel Alegría (día 23), a danza de Jeanette Feal (24), un concerto de Trilitrate (18 de novembro) e de Moloch (20 de novembro), que se combinarán con novos recitais. En paralelo, desenvolverase un ciclo cinematográfico con cinco proxeccións na sala Versus.
Por se fose pouco, o Ateneo de Pontevedra presentou o novo festival poético Veñan as cinco, dedicado ás linguas máis faladas da Península Ibérica, e que quere continuar o espírito do desaparecido Ponte Poética. Deste xeito, Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves, Mireia Calafell, Silvia Penas e o músico Fran Fernández participarán de diferentes recitais e actividades a partir deste 25 de outubro.
Unha performance de poesía e música a cargo de Carme Quinteiro e Baia Fernández abrirá este programa, que inclúe tamén clases maxistrais sobre poesía e procesos creativos, música e diferentes actuacións que visitarán espazos Teatro Principal, o Museo de Pontevedra, O Diaño, A verbena e o Espazo Mauro Lomba.