Ledicia Costas faise co premio Kelvin 505 con A balada dos unicornios

O galardón entregarase no Festival de terror, fantasía e ciencia ficción Celsius 232 de Avilés

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ledicia Costas faise co premio Kelvin 505 con A balada dos unicornios

Os Premios Kelvin 505, que recoñecen as mellores novelas de terror, fantasía e ciencia ficción publicadas no Estado, acaban de recoñecer o traballo da galega Ledicia Costas na súa nova edición. A versión en castelán de A balada dos unicornios, obra coa que a autora xa obtivera o Premio Lazarillo, foi recoñecida de Mellor Novela Xuvenil Orixinal en Castelán. O premio, que organiza o Festival de terror, fantasía e ciencia ficción Celsius 232 de Avilés, entregarase no marco deste evento entre os días 17 e 20 de xullo.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ledicia Costas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos