Dous ciclos do CGAI e unha mostra de cinema levan o terror á cidade

A Coruña, de medo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A ciencia ficción e o terror estarán presentes en Coruña durante as próximas semanas por partida dobre. O terror clasico da Universal e a ciencia ficción europea serán protagonistas de senllos ciclos organizados polo CGAI. Por outra banda, hoxe comeza o V Mostra de Cine de Terror e Ciencia Ficción organizada pola Universidade.

Mostra de cine

A sala de proxección da Escola Superior da Mariña acollerá desde hoxe e ata do sábado 11, a V Mostra de Cine de Terror e Ciencia Ficción que organiza a Universidade de A Coruña. A programación deste ano inclúe tanto clásicos do xénero como as películas que máis éxito tiveron o ano pasado. Entre os clásicos, durante esta semana poderá seguirse o ciclo dedicado a Ray Harryhausen, destacado crador de efectos especiais. Pola súa banda, o teatro Rosalía de Castro acollerá as II Xornadas de Cinema Universitario, con películas como Como ser John Malkovich ou a galega O báter susura.


CGAI

O Centro Galego de Artes da Imaxe programará durante este mes na súa sede dous ciclos de cinema. O primeiro deles, Ciencia Ficción Europea, que se desenvolverá ata o próximo sábado, cubrirá as mellores obras do director polaco Andzej Wajda ademais doutras obras coma O barón fantástico do checo Karel Zeman. A partir do día 14, un novo ciclo tratará do terror clásico da factoría Universal, con películas coma A pastasma da ópera, Drácula ou Frankenstein.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Cine, CGAI, A Coruña...