O CGAG proxectará vinte filmes clásicos do cine do terror e da ciencia ficción

Realidade alterada

10/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Ao abeiro da exposición “Contos dixitais”, o Centro Galego de Arte Contemporánea proxecta o ciclo de cine de terror e ciencia ficción. Baixo o título “Ficcións e alteracións da realidade” ata o día 29 de xaneiro exhibense diariamente dous títulos entre os que figuran películas de culto como “Nosferatu” (1922) de Murnau, ou “Metropolis” (1927) de Fritz Lang xunto con recentes producións de cineastas como Stanley Kubrick, David Cronenberg e Tim Burton.

Máis información na canle CGAC de El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ciencia, Clásicos, Stanley Kubrick...