O CGAC inaugura un ciclo de videocreación que ofrece as visións persoais sobre a socialización

Vídeos íntimos

13/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“En primeira persoa” é o título do ciclo de videocreación que acaba de inaugurar o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC). Trátase dun espazo no que unha serie de artistas coñecidos como Tracy Moffat ou Marina Abramovic pretenden explorar as súas respostas individuais perante procesos de socialización. O ciclo divídese en oito programas diarios (en dous pases ás 12:00 horas e ás 18:00 horas) cos seguintes temas: “Sensacións en primeira persoa”, “A expresión da euforia e o desafogo”, “Proxeccións do xénero nos obxectos”, “Só os vivos narran a morte”, “Sexualidade”, “Relacións de poder na proximidade”, “Reflexións sobre as relacións” e “Editando o pasado”.

Consulta a canle CGAC de El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Morte, El Correo Gallego, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)