Quince mostras compoñen a programación do Centro Galego de Arte Contemporánea para 2007

A contemporánea de 2007

13/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
"Contos dixitais" é o título da mostra que abrirá, o vindeiro 21 de decembro, a nova temporada do Centro Galego de Arte Contemporánea. Esta será a maior exposición que teña albergado este espazo, e a ela seguirana outras catorce propostas entre as que destacan as mostras colectivas e as de carácter temático. Entre os autores que contarán con espazos individuais destacan os galegos Xavier Toubes, ceramista, e o pintor Lodeiro. Propostas sobre videocreación, debuxo e a continuidade do Proxecto_Edición marcarán a temporada.

Máis información en Galicia Hoxe , en El País, en La Voz de Galicia e na Canle CGAC de El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Debuxo, Contos, Galicia Hoxe, El País...