O MARCO opta pola coprodución nos seus proxectos expositivos para o 2007

A arte en pleno

30/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O padroado do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) aprobou onte a programación das exposicións para o vindeiro ano. No avance que se deu a coñecer destacan dúas liñas: unha de produción propia que traerá “Entre fronteiras”, “Rita Rodríguez....dentrodedentrode...” e a exposición de Escoitar.org. A outra reforza as conexións do museo con outras entidades e levará a Vigo novas mostras do Proxecto Edición e outra con Koldo Mitxelena titulada "Documentos. A memoria do futuro". Ademais, a Asociación de Amigos do CGAC elixiu en Santiago a Lorenzo López Vázquez, como novo presidente desta asociación.

Máis información sobre o MARCO no seu web e na nosa hemeroteca e sobre o CGAC en Galicia Hoxe e na nosa hemoreca

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Culturagalega, Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...