Iñaki Martínez Antelo é o novo director do MARCO

No novo marco

18/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Despois de continuados atrasos na súa decisión, o Padroado do MARCO resolveu onte o concurso de méritos polo que se escolleu o novo director do Museo de Arte Contemporánea. Iñaki Martínez Antelo releva a Carlota Álvarez Basso no seu cargo. Martínez xa coñece o centro, posto que era o director de exposicións do mesmo desde que se inaugurou no 2002. Logo de coñecer a decisión do Padroado, o novo director explicou que as súas liñas básicas de traballo serán o apoio e promoción de artistas galegos emerxentes e a consideración do museo como motor cultural da cidade. Ademais, buscará potenciar as relacións con outros centros.

Máis información no web do MARCO, en La Voz de Galicia, no Faro de Vigo e na nosa hemeroteca segue o proceso

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Iñaki Martínez Antelo, Carlota Álvarez Basso, Exposicións...