O MARCO busca fondos para ir configurando a súa propia colección

Fondos MARCO

17/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Aínda a día de hoxe o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) non ten ningunha obra en propiedade, e a súa intención é a de ter colección propia a medio ou longo prazo. Así o publica hoxe o “Faro de Vigo” que asegura que a dirección do centro está a buscar diferentes tipos de fórmulas para comprar obra. O director do centro, Iñaki Martínez Antelo asegura a este xornal que o reducido presuposto é un dos principais problemas que deberá afrontar o centro na configuración da súa colección propia. Aínda así, considera que é un obxectivo prioritario.

Máis información no Faro de Vigo, sobre o MARCO na nosa hemeroteca e no seu web

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Faro de Vigo, Iñaki Martínez Antelo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...