A arte latinoamericana e a dos anos setenta centran a programación do CGAC no seu 15 aniversario

CGAC 08

O Centro Galego de Arte Contemporánea cumpre 15 anos. Por iso, a programación para o 2008 está pensada para celebrar a efeméride. A arte latinoamericana e a producida nos anos setenta e oitenta centran o calendario do centro que completará tamén o último tramo do “Proxecto Edición”. Alén de ver o traballo de artistas como Jorge Machi, Altercio Caldas ou Juan Araújo, destaca a montaxe da “Videocreación Galega nos anos oitenta” (10 de xaneiro – 27 de abril) que abre o ano expositivo e a proposta do pontevedrés Carlos Rodríguez Méndez.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre a presenza nas feiras do libro na nosa Galicia Hoxe, El País, El Correo Gallego e o noso especial a propósito do décimo aniversario