O CGAC presenta un ciclo de proxeccións de performances audiovisuais

Performance + video

22/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Vídeo Heroes” é o título dun novo ciclo que organiza o Centro Galego de Arte Contemporánea desde hoxe. En dous pases diarios (un ás 13:00 horas e outro ás 18:00 horas) diferentes artistas reflexionarán sobre conceptos como identidade, resistencia e catarse a través de arriscadas pezas audiovisuais. Tres nomes propios no mundo da arte e da música electrónica como Ryochi Kurokawa (hoxe ás 21 horas), Thomas Köner (xoves) e o venres Marc Leclair, máis coñecido como Akufen na escena electrónica experimental son algúns dos que conforman este programa. Este último, xunto co artista Coutu-Dumont presenta o espectáculo “Musique pour 3 femmes enceintes” que estrearon na pasada edicion de Ars Electrónica.

Máis información na Canle CGAG de El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Identidade, El Correo Gallego, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)