O Consello da Cultura homenaxea a Tereixa Navaza

A xornada Tereixa Navaza. A voz da liberdade celébrase o vindeiro 25 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Cartel da xornada de homenaxe a Tereixa Navaza

Cartel da xornada de homenaxe a Tereixa Navaza

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega recoñecerá o traballo xornalístico de Tereixa Navaza cunha xornada dedicada á súa figura. Tereixa Navaza. A voz da liberdade celebrarase o vindeiro 25 de outubro na sede da entidade, en Compostela, e contará coa presenza de relatores como Manuel Lombao, Marta Pérez Pereiro, Belén Puñal, Carme Vidal, ou a propia Navaza, que manterá unha conversa con Manuel Rivas e participará nunha mesa redonda sobre a primeira xeración de mulleres xornalistas no noso país.

Segundo anuncia o programa do evento, "Tereixa Navaza representa a concepción dun xornalismo implicado coa sociedade do seu tempo. Unha información con perspectiva propia que se amplía no compromiso co movemento feminista e na defensa dos dereitos das mulleres na procura dunha sociedade máis xusta". A inscrición para participar no encontro está aberta.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A voz da liberdade

A voz da liberdade

O Consello da Cultura homenaxea a Tereixa Navaza cunha xornada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Manuel Rivas, Carme Vidal, Igualdade...