A voz da liberdade

O Consello da Cultura homenaxea a Tereixa Navaza cunha xornada

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Tereixa Navaza presentando un programa na TVE-G (1975-1976).

Tereixa Navaza presentando un programa na TVE-G (1975-1976).

Tereixa Navaza. A voz da liberdade é o título da xornada que a Comisión de Xénero do Consello da Cultura Galega celebra hoxe. O evento pretende "pór en valor e recoñecer o traballo profesional de Tereixa Navaza e, con ela, o labor da primeira xeración de mulleres xornalistas profesionais, así como propiciar o estudo e a investigación arredor da presenza, incidencia e situación das xornalistas no ámbito da comunicación en Galicia". A coincidir con este evento, o Álbum de mulleres de Culturagalega.org publica unha ampla cartografía sobre esta comunicadora. Fotografías, textos e unha ampla liña do tempo percorren a vida e o traballo da que é xa un nome indispensable na historia da comunicación galega.

Segundo explican desde a coordinación do encontro "Tereixa Navaza representa a concepción dun xornalismo implicado coa sociedade do seu tempo. Unha información con perspectiva propia que se amplía no compromiso co movemento feminista e na defensa dos dereitos das mulleres na procura dunha sociedade máis xusta".

Canda á propia Navaza, o encontro contará coa presenza de Manuel Rivas, María Xosé Porteiro, Concha Pino, Ana Romaní ou Manuel Lombao, entre outros convidados. Ademais, proxectarase un audiovisual sobre a xornalista realizado por Andrea Nunes Brións e Raquel Rei Branco.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cartografía dunha actriz

Cartografía dunha actriz

O Consello da Cultura Galega homenaxea a Mabel Rivera, unha das máis reputadas profesionais das artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Xénero, Culturagalega, Consello da Cultura Galega...