O Panteón acolle actos de celebración da memoria de Castelao

O 1 de xullo celébrase unha lectura da obra aberta á cidadanía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Panteón acolle actos de celebración da memoria de Castelao

O Panteón de Galegas e Galegos Ilustres en san Domingos de Bonaval acollerá actos en conmemoración de Daniel Alfonso Castelao. Deste xeito, ao longo de todo o día 1 de xullo, celebrarase o evento 'Como dicía Castelao', unha xornada de lectura durante oito horas de 75 textos da obra de Castelao, aberto a toda a cidadanía. O evento, organizado polo Festival Atlántica de Narración Oral (que arrinca o 28 de xuño), inclúe voces representativas da cultura, administración e sociedade galegas, pero tamén está aberta á participación de todas aquelas que queiran lembrar ao político e artista rianxeiro. O acto rematará cun concerto das Boubas Pandereteiras. A inscrición está aberta ao público e pode facerse en liña no web do Festival Atlántica. Ao tempo, Via galega e a Federación Galiza Cultura convocaron para o 27 de xuño ás 20 horas unha lectura de textos de Castelao conducida por Tereixa Navaza e Carlos Callón, cunha conferencia de Pilar García Negro sobre "O valor de Castelao no século XXI" e unha interpretación da Coral Solfa.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Pilar García Negro, Carlos Callón, Narración oral...