O Festival Atlántica de Narración Oral quere abrir espazos para novas xeracións de contadores e explorar como contar para unha sociedade galega que xunto coas referencias da sociedade tradicional é hoxe maioritariamente urbana. Asà o manifestou a directora do Festival, Sole Felloza, durante a presentación da programación da edición número XIII, e que se celebrará en vinte e seis concellos galegos e cinco do norte de Portugal do 28 de xuño ao 6 de xullo, ofrecendo 85 funcións de programa que inclúen espectáculos de narración ou roteiros. O xeito no que o Festival Atlántica buscara construÃr estes vÃnculos e abrir Atlántica a novos contadores é a través de 'sesións mixtas interxeracionais', nas que narradores orais consagrados apadriñarán as primeiras experiencias en festivais de novos contadores. Ademais, o festival Atlántica ofrece este mapa o Mapa dos Seres Máxicos do reino de Galicia, realizado por Manuel Gago no guión e por Leandro Lamas na ilustración. O mapa procura traer ao presente a "diversidade da tradición oral galega", representando 34 seres máxicos distribuÃdos polo territorio do paÃs, e que se pode adquirir a través da web do Festival Atlántica ou directamente nos eventos do festival. O Festival tamén presentou a iniciativa "Como dicÃa Castelao", "unha lectura pública da obra de Castelao aberta á cidadanÃa" no Panteón de Galegos e Galegas ilustres, o dÃa 1 de xullo de 11.30 a 20.30 horas, no que tamén se pode reservar praza no web. O programa do festival Atlántica estará presente nos concellos como Santiago de Compostela, Ferrol, Outes, Teo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Alfoz, Pazos de Borbén, Betanzos, Vimianzo, Mugardos, entre outros ou en concellos do norte de Portugal.
O Festival Atlántica abre o paso a novas xeracións
O festival celébrase entre o 28 de xuño e o 6 de xullo
