Cos seus doce anos de existencia, o Festival Atlántica de Narración Oral comeza a aplicar a experiencia acumulada en desenvolver unha programación de pequeno formato a novas escalas. Na rolda de prensa de presentación da programación da nova edición, celebrada hoxe no concello de Santiago, a súa directora Soledad Felloza anunciou o inicio dunha programación transfronteiriza, vinculado Galicia e Portugal durante a semana de celebración do evento, do 1 ao 7 de xullo. Deste xeito, os concellos portugueses e galegos do Xurés acollerán espectáculos do Festival. "Iniciamos esta programación por un territorio que tanto en Galicia como en Portugal é recoñecido como un refuxio das tradicións", explicou Felloza, quen detallou un extenso programa que inclúe 97 funcións ao longo de todo o territorio galego e 12 roteiros, que involucran 45 espectáculos distintos e que chegarán a 30 concellos, desde cidades como Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo ou Ourense ata concellos de tamaño medio como Ribeira ou Betanzos ademais de numerosos concellos das áreas rurais.
Felloza destacou como liñas centrais da programación deste ano a aposta "pola narración oral como disciplina artÃstica", traendo a compañÃas galardoadas como La Chana Teatro, que representará un espectáculo baseado en Juan Rulfo, 'Pisando el llano' e outro infantil, 'Blancanieves' galardoado co premio Max 2023 a mellor espectáculo infantil. Nesa aposta estarán tamén as estreas, como o espectáculo 'Contar para vivilo' de Cándido Pazó ou 'Contos de revolución. Entre Brassens e Neira Vilas' de Dani Blanco. Atlántica tamén apostará pola hibridación entre a narración oral e a música, apostando por facer visible a tendencia actual en Galicia de desenvolver novos conceptos de espectáculos infantÃs no que a palabra e os xéneros urbanos se mesturan. Por outra banda, o Festival continuará coa súa tradicional aposta polos roteiros, involucrando a expertos locais e a entidades da sociedade civil en defensa do patrimonio.