O Festival Atlántica presentou esta mañá a súa undécima edición, que nace baixo o lema de "Conservar". A nova edición chega a 24 concellos, inclúe a 30 narradores de Portugal, Cuba, Cataluña, Zamora e unha ampla mostra dos narradores orais galegos e contará con máis de sesenta actuacións. A directora do festival, Sole Felloza, destacou que no festival haberá diferentes estreas de espectáculos. Entre os artistas convidados, estarán José Luis Gutiérrez, de Zamora, Pedro Mario López, de Cuba, ou Rosa Gonçalvez, de Portugal, ademais de contadores como Charo Pita, Celso Fernández SanmartÃn, Quico Cadaval ou Raquel Queizás, entre outros. Unha das novidades deste ano será a ampliación das actividades cara máis aló da raia fronteiriza con Portugal. A aldea de Pitões das Júnias (Montalegre), que celebra o seu 800 aniversario, formará parte tamén da programación do festival. O Festival inclúe espectáculos de narración oral, algúns deles combinandos con música, e roteiros e visitas contadas en diferentes partes do paÃs. O Festival celebrarase do 1 ao 9 de xullo.