Serán 42 artistas, en 24 concellos de toda Galicia e 94 funcións os protagonistas desta nova edición do Festival Atlántica de Narración Oral na edición no que celebra o seu décimo aniversario. Atlántica foi presentado esta mañá na Cidade da Cultura coa participación de representantes das numerosas administracións públicas e entidades asociativas que participan nesta edición. A directora do festival, Soledad Felloza, destacou as novidades da edición. "Desta volta 15 artistas escolleron o Festival Atlántica para estrearen os seus novos espectáculos trala pandemia. Son galegos, pero tamén doutras partes do Estado, Portugal ou mesmo América latina", indicou Felloza, "isto sinala que o festival é tamén un referente para os profesionais de diferentes lugares pola súa traxectoria e os seus públicos". Estrearán espectáculos artistas como Quico Cadaval, VÃctor Fernandes e EstefanÃa Surreira, Cris de Caldas, Celso Fernández SanmartÃn coa banda municipal de Santiago, SofÃa Maúl, Virginia Imaz entre outros. Felloza tamén aludiu á "hibridación" de varios dos espectáculos da edición, buscando a confluencia con outras artes, disciplinas ou técnicas, como a 'impro'. "A narración oral está á procura de novos públicos e apostamos pola experimentación creativa e de formatos que nos permita explorar novos camiños para chegar a eles", destacou Felloza.
Mentres o secretario xeral de Cultura, da Xunta, destacou que o festival "era un referente da lusofonÃa e a súa contribución á descentralización da oferta cultural", Xurxo Couto, deputado de Cultura da Coruña, sinalou a "dignificación profesional do sector da narración oral" e a conexión "co asociacionismo local". A nómina de concellos nos que se celebrará o Festival Atlántica abrangue Ferrol, Teo, Alfoz, Boiro, Cuntis, Dodro, LalÃn, Mondoñedo, Mugardos, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Outes, Sanxenxo, Ourense, Pazos de Borbén, Vigo, A Estrada, Campo Lameiro, Carnota, Chantada, Padrón, Paderne e Zas, ademais de Santiago de Compostela. En moitos deles, os escenarios serán espazos simbólicos do patrimonio cultural local. "Este ano queremos empregar tamén antigos espazos de sociabilidade, onde fluÃan as historias na sociedade tradicional, como os lavadoiros ou as eiras", sinala Sole Felloza. Os 94 espectáculos xa están publicados no web do Festival e xa está activa a reserva de entradas.