O Festival Atlántica leva a narración oral a oito concellos

Celebrarase do 13 ao 18 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Son sete días, oito concellos galegos, 25 artistas de diferentes países e 52 funcións, no festival de narración oral de máis envergadura de Europa. O Festival Atlántica de Narración Oral presentouse esta mañá en Compostela para reivindicar a capacidade de Galicia como creadora e acolledora da palabra e o imaxinario oral. Nesta sexta edición do festival, que se celebrará entre o 13 e o 18 de marzo, participan os concellos de Santiago, Teo, Lalín, Pazos de Borbén, Vigo, Ferrol e A Coruña, nunha programación en diferentes espazos e para distintos públicos, de bebés a adultos. A directora do festival, Soledad Felloza, destacou que a vontade do festival é "traballar en rede con concellos de diferentes tamaños para pdoer traer unha programación diversa". Os artistas desta edición chegan de diferentes territorios: desde Brasil ou Madeira, ata Camerún, Canarias ou Valencia, pasando por boa parte das narradoras e narradores galegos.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Soledad Felloza, Festival Atlántica de Narración Oral, Canarias...