Compostela prepárase para a segunda edición do Festival Atlántica de Narración Oral

Celebrarase entre o 5 e o 16 de marzo en Compostela, Vigo e Teo

| | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Compostela prepárase para a segunda edición do Festival Atlántica de Narración Oral

Hoxe pola mañá, coa elaboración dunha queimada para esconxurar o mal tempo, presentouse o II Festival de Narración Oral Atlántica. A súa directora, Soledad Felloza, salientou que malia a crise económica o Festival está a medrar en número de narradores, en espazos máis grandes e na cantidade de sedes. Entre outras novidades, o Festival conta con narradores bretóns, irlandeses, cameruneses, arxentinos e de Madeira, ademáis dunha amplísima representación de narradores galegos, incorpora un encontro de profesionais do sector, xornadas teóricas e sesións específicas para bebés.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Festival Atlántica de Narración Oral, Teo, Vigo...