O BNG pídelle á Xunta que declare o 2011 como “Ano Castelao”

O domingo renderanlle homenaxe no Panteón de Galegos Ilustres

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cúmprense 125 anos do nacemento de Castelao e a Xunta non ten anunciadas actividades conmemorativas. Por iso, a reponsable de Cultura do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón, acusou a Xunta de ocultar a súa figura. Entre as súas propostas destaca a declaración deste 2011 como “Ano Castelao” que vaia acompañada dunha programación anual de difusión da súa obra e pensamento. Ademais, Pontón pediu máis celeridade á hora de declara BIC á súa obra. Todo isto ten lugar a uns días de que o BNG renda homenaxe a Castelao no Panteón de Galegos Ilustres (domingo ás 12:00 horas).

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, BNG, Panteón de Galegos Ilustres, Ben de Interese Cultural

Claves

Protagonistas