Pecha de xeito indefinido o Panteón de Galegos Ilustres

Pendente da negociación de apertura entre a Igrexa, o Concello e a Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Será a primeira vez que o Panteón dos Galegos Ilustres peche de xeito indefinido e non poida ser visitable. O fallo xurídico que devolveu á Igrexa o templo de San Domingos de Bonaval en Compostela conlevou o peche do espazo, ata o momento accesible desde o interior do claustro, desde o Museo do Pobo Galego. O peche é indefinido, en agarda dunha solución que defina o acordo de apertura ao público xeral. O Panteón de Galegos Ilustres garda os restos de Rosalía de Castro, Castelao, Ramón Cabanillas, Alfredo Brañas.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Panteón de Galegos Ilustres, Ramón Cabanillas, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro...