Cultura anuncia a reapertura do Panteón de Galegos Ilustres antes do 25 de xullo

Alí están enterrados, entre outros, Rosalía de Castro e Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Antes do Día de Galicia o Panteón de Galegos Ilustres volverá abrirse ao público. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o vicario xeral do Arcebispado de Santiago de Compostela, Víctor Maroño, chegaron hoxe ao acordo, logo de que unha sentenza xudicial lle outorgase o seu patrimonio á igrexa. Malia que a sentenza foi do 2006, non se executou ata hai un par de meses. Nese espazo repousan os restos de Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Panteón de Galegos Ilustres, Rosalía de Castro, Castelao, Asorey...